A Alcaldesa deséxalles sorte ás xogadoras do Muralla Club de Rugby na fase de ascenso á División de Honra

Lara Méndez recibiu no Salón de Plenos a este equipo, campión na fase de ascenso da Liga Galega de Rugby Feminina

Venres, 01 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa deséxalles sorte ás xogadoras do Muralla Club de Rugby na fase de ascenso á División de Honra

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este venres no Salón de Plenos ao equipo feminino do Muralla Club de Rugby, que se proclamou campión na fase de ascenso da Liga Galega de Rugby Feminina, tras gañar o pasado 12 de marzo ao Vigo Rugby Club. Nesta recepción tamén participaron o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Ferández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, pois este equipo conta co apoio do Concello a través das áreas de Deportes e de Igualdade.
 
Lara Méndez desexoulles moito éxito ás xogadoras e sorte na fase de ascenso á División de Honor Feminina, que van a disputar esta fin de semana na cidade de Valladolid. Neste senso, indicou sentirse “moi orgullosa destas campionas”, ao tempo que lles pediu que exerzan de embaixadores de Lugo en todos os lugares que visiten.

A rexedora fixo fincapé no esforzo realizado polo equipo para poder chegar á fase de ascenso da División de Honra, “o que é boa mostra das ganas e da ilusión que están a poñer nesta competición”.

Multimedia

  • A Alcaldesa deséxalles sorte ás xogadoras do Muralla Club de Rugby na fase de ascenso á División de Honra

Noticias relacionadas