Luns, 02 de decembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía esta mañá ao axente de Policía, procedente do concello de Sant Antoni de Portmany (Ibiza), que durante o próximo ano ocupará unha Comisión de Servizo na Xefatura de Lugo.
No acto de toma posesión, no que tamén estiveron presentes a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos e o Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a rexedora aproveitou para darlle a benvida ao novo axente.