A alcaldesa de Lugo agradece o primeiro envío de material de protección da Xunta a Lugo e as doazóns de particulares

O material remitido por Vicepresidencia chegaba esta mañá. O Concello advertiu de que parte do material está caduco desde o 2014 ou non pode ser considerado como EPI

Lara Méndez cualificou de “moi positiva” a resposta ao chamamento de colaboración cidadá realizado esta semana e puxo en valor as “mostras de solidariedade recibidas nun momento de extrema gravidade no que hai vidas en xogo”

Xoves, 02 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo agradece o primeiro envío de material de protección da Xunta a Lugo e as doazóns de particulares

O Concello de Lugo vén de recibir este mediodía material de protección ante o coronavirus remitido pola executivo galego, o primeiro que chega á institución local. A alcaldesa, Lara Méndez, agradecía o envío da Xunta de Galicia.

“Aínda que insuficiente, este material, xunto ao adquirido polo Concello e as doacións recibidas servirán para que preto de 400 traballadores municipais poidan seguir a desenvolver a súa actividade con protección, non só para eles senón tamén para as persoas ás que atenden, en moitos casos usuarios que pertencen a grupos de risco e/ou vulnerables”, sostivo a rexedora.

O lote que chegou as dependencias está composto por 14.000 luvas, 7.230 mascarillas e 115 traxes antisalpicaduras, aínda que o Concello advertiu que unha gran parte das mascarillas están caducas dende o 2014 e a metade das luvas non poden ser consideradas EPIS.

A alcaldesa lembrou que estes equipos se suman aos xa adquiridos polo Concello de Lugo cos medios propios, “algúns con certo marxe de previsión e outros, posteriormente cando as limitacións que rexistraba o mercado nos permitiron abastecernos de elementos homologables e de calidade, ao tempo que - como canalizador dos envíos do goberno central -  solicitamos máis medios á Xunta de Galicia, que ata hoxe non estiveron á disposición dos e das lucenses”.

Nestes momentos, dende o Concello continúase intentando tramitar novas adquisicións, mais debido á escaseza de produtos e á insuficiencia de equipos a propia rexedora facía, esta semana, un chamamento cidadá para promover a doazón de equipos de protección individual.

“A resposta está sendo moi positiva – valorou Lara Méndez – tanto por parte das empresas como dos particulares aos que, unha vez máis lles queremos agradecer a súa colaboración e as constantes mostras de solidariedade que nos fan chegar e que servirán para fornecer ás e aos empregados dos servizos públicos que continúan en activo durante o Estado de Alarma, axudando así a superar esta situación de extrema gravidade na que, non podemos esquecer, hai vidas en xogo”, concluíu.

Noticias relacionadas