A Alcaldesa califica como un rotundo éxito a acollida da Volta Ciclista, que concentrou na zona de meta a 10.000 persoas

Coa Volta Ciclista ofreceuse “unha excelente imaxe de Lugo cara o exterior, da que todos e cada un de nós fomos partícipes. Así, coa participación e implicación é como conseguiremos unha mellor cidade”, asegurou a rexedora

Lara Méndez agarda que a promoción feita grazas á Volta dea os seus froitos, pois, “como sempre decimos, queremos que a xente veña a Lugo, pernoite en Lugo, e que volte a Lugo”

Xoves, 25 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa califica como un rotundo éxito a acollida da Volta Ciclista, que concentrou na zona de meta a 10.000 persoas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, calificou este xoves como “éxito rotundo” a acollida da Volta Ciclista, tanto a nivel de público, deportivo, de dinamización da cidade e da súa proxección ao exterior, podendo verse nas pantallas de 190 países os tres Patrimonios da Humanidade cos que conta a cidade, a Muralla Romana, a Catedral e o Camiño Primitivo.

Miles de persoas foron as que presenciaron no buque insignia da cidade, na Muralla, o paso da Volta, concentrándose unhas 10.000 persoas na zona da meta, é dicir, entre Bispo Odoario e San Fernando.

Tras o paso do pelotón ciclista, Lara Méndez, quen manifestou o espectacular ambiente nas rúas tanto no trasncurso do evento ciclista, como na Volta Júnior ou nas actividades lúdicas, deportivas e solidarias da FAN ZONE instalada na Praza Maior, quixo agaradecer a colaboración a todas as persoas e entidades que fixeron posible que o 24 de agosto se convertira nun día histórico. A rexedora tamén quixo remarcar o traballo de coordinación da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, que garantizaron un desenvolvemento normal do transcurso da proba deportiva.

Coa Volta Ciclista ofreceuse “unha excelente imaxe de Lugo cara o exterior, da que todos e cada un de nós fomos partícipes. Así, coa participación e implicación é como conseguiremos unha mellor construción e habitabilidade da cidade”, asegurou a rexedora, quen agarda que a promoción feita grazas á Volta dea os seus froitos, pois, “como sempre decimos, queremos que a xente veña a Lugo, pernoite en Lugo, e que volte a Lugo”.

Audio

  • Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, sobre a acollida da cidade á Volta | Descargar mp3

Noticias relacionadas