A Alcaldesa anuncia a posta en marcha dun plan de repintado en preto de 150 pasos de peóns en medio cento de rúas da cidade

“Dende o Concello iniciamos este plan de repintado porque entendemos que as actuacións que reforcen a seguridade dos nosos veciños e veciñas son unha prioridade total e absoluta”, asegurou Lara Méndez

Este plan, que actuará nuns 2.293 m2, terá unha duración de 2 meses, estimando que se pode pintar uns 12 pasos de peóns ao día

A entidade local vén de acometer a roza de 65.835 m2 de parcelas de titularidade municipal para ofrecer a mellor vista da cidade aos miles de visitantes que virán ao San Froilán

Venres, 30 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa anuncia a posta en marcha dun plan de repintado en preto de 150 pasos de peóns en medio cento de rúas da cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este venres a posta en marcha dun plan de repintado de preto de 150 pasos de peóns en diferentes puntos da cidade, unha medida, que, ademais, recolle peticións que fan chegar ao Concello os veciños e veciñas. “Trátase dunha acción que ten como prioridade as persoas, neste caso os peóns, imprescindible para preservar a súa seguridade fronte ao tráfico rodado, unha das principias pretensións do Goberno, quen busca un modelo de cidade sostible”, subliñou a rexedora.

Tal e como deu a coñecer a propia Alcaldesa en roda de prensa, a campaña afecta principalmente aos pasos das principais vías da cidade, que soportan maior intensidade circulatoria, e das inmediacións de centros educativos, todas elas determinadas polos técnicos municipais. Deste xeito, o plan plantexa o repintado de 143 pasos de todas as zonas da cidade mediante pintura plástica branca de dous compoñentes, con aplicación de microesferas de vidro, para aumentar a visibilidade desta sinalización horizontal. Ademais este produto ofrece unha maior durabilidade e resistencia ao deslizamento, co que garantimos máis seguridade ao viandante.

Previsiblemente este plan de repintado iniciarase ou domingo á noite nos puntos que non interfiran coa celebración do San Froilán. Terán unha duración de 2 meses, estimando que se poden pintar uns 12 pasos de peóns ao día.

“Dende o Concello iniciamos este plan de repintado porque entendemos que as actuacións que reforcen a seguridade dos nosos veciños e veciñas son unha prioridade total e absoluta”, asegurou Méndez.

Rúas nas que actuará o plan
O plan de repintado actuará nuns 2.293 m2 nas seguintes rúas: Anxo López Pérez, arredores da Praza da Constitución, Cidade de Vigo, Dinán, Hermanitas, arredores da Praza de Bretaña e da Praza Mártires de Carral, San Roque, Doutor Balanzá, Ramón Montenegro, Rúa do Paxariños, Catasol, Vilalba, Rafael de Vega, Castelao, Serra de Ancares, Camiño Real, Concepción Arenal, Ourense, Betanzos, Pontevedra, Mondoñedo, Anduriñas, Doutor Gasalla, Xermán Alonso, Chantada, Deputación, Rúa do Carme, Santiago, Cidade de Viveiro, Recatelo, Cedrón del Valle, Vila de Sarria, Ribadeo, Pascual Veiga, Praza de Avilés, Rodríguez Mourelo, García Portela, Salvador de Madariaga, Irmáns Vilar Ponte, Doutor Fleming, Celso Emilio Ferreiro, Cambria, Galicia, Jacinto Calvo e Filarmónica Lucense.

Roza de fincas  
A maiores deste lavado de cara que sufrirán as rúas, e co fin de que a cidade amose a mellor cara aos miles de visitantes que recibe a cidade durante as festas do San Froilán, o Concello vén de acometer oa roza en parcelas de titularidade municipal, tal e como deu a coñecer a Alcaldesa, quen avanzou que as rozas se xestionarán mediante a empresa Urbaser e non terán custo engadido algún para o Concello. As actuacións empezaron ao inicio desta semana e continuarán durante a seguinte.

Nesta semana realizouse a roza duns 65.835 m2, entre as tarefas da avenida Infanta Elena, as tres fincas da rúa Xosé Novo Freire, dúas na zona de Montirón (na rúa Virxe da Esperanza e na rúa Illa Coelleira), Aviador Parga Cerezo, rúa Peña Anda, Poeta Noriega Varela (onde se levarán a cabo os fogos artificiais do día 5), dous na rúa Pombal, un en Alexandre Bóveda, catro terreos no Polígono das Termas, un en Sanfiz e dous onde se atopan o campo de fútbol e de rugby.

“Como sempre dicimos, Lugo, facémolo entre todos e é labor deste Goberno ofrecer a mellor cidade posible tanto para os veciños e veciñas de Lugo, como para todos os visitantes que imos a recibir, aos que lles mostraremos con orgullo unha cidade ideal para vivir e para desfrutar do lecer”, concluíu a rexedora.

Audio

  • Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, sobre o plan de repintado dos pasos de peóns | Descargar mp3

Planos pasos de peóns

Noticias relacionadas