A Alcaldesa analiza coa veciñanza do Castiñeiro actuacións de mellora no barrio e anuncia a renovación do parque infantil

Os presupostos deste ano, os máis investidores da última década, contemplan unha partida de 58.000€ para a renovación do solo, o peche perimetral e o módulo de xogos do parque infantil da rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño

Lara Méndez anunciou varias tarefas de mellora de caracter inmediato, como a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, por un importe de 72.404,49 euros

O Plan de Barrios contemplado no Orzamento deste 2018 inclúe a colocación de varandas na rúa Lamas de Prado, na zona da antiga Frimisa. A maiores, e a petición da veciñanza, o Concello colocará bolardos nun treito sen beirarrúas

Luns, 07 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa analiza coa veciñanza do Castiñeiro actuacións de mellora no barrio e anuncia a renovación do parque infantil

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro; mantivo este luns un encontro cos veciños e veciñas do Castiñeiro, durante o que fixo unha visita á contorna deste barrio, repasou as necesidades da veciñanza e lles explicou as actuacións de mellora que levará a cabo no barrio o Goberno os vindeiros meses de cara a mellorar o Castiñeiro.

Os presupostos deste ano, os máis investidores da última década, contemplan unha partida de 58.000 euros para a renovación do solo, o peche perimetral e o módulo de xogos do parque infantil situado na rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, tal e como explicou in situ Lara Méndez.

A rexedora anunciou varias tarefas de mellora de caracter inmediato, e mesmo algunha arrincou hoxe mesmo, como a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, por un importe de 72.404,49 euros, que se fará a través do Plan Único, impulsado pola Deputación coa colaboración do Concello.

Así mesmo, a Alcaldesa explicoulles que a través do Plan de Barrios contemplado no Orzamento deste 2018 se colocarán varandas na rúa Lamas de Prado, na zona da antiga Frimisa. A maiores, e a petición dos propios veciños e veciñas, o Concello ten previsto colocar bolardos nun treito da rúa Lamas de Prado que non dispón de beirarrúas, concretamente á altura da antiga Frimisa. Deste xeito, mellorarase a seguridade viaria nesta zona.

O encontro serviu ademais para comprobar como está beneficiando á veciñanza os proxectos municipais xa executados na zona, como a pavimenación das rúas Flor de Lirio, Rei Chiquito, Juana La Loca e no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde por un importe de 50.000 euros ou a colocación dunha marquesina no cruce da rúa Lamas de Prado coa rúa Filgueiro, por un improte de 3.254 euros. Tamén se renovaron os servizos de saneamento e abastecemento e a posterior pavimentación en Casás, e se acometeu a pavimentación nas rúas Castiro, Monte Pena Rubia, Francisco Moure e Orquídea, no tramo entre a rúa Castiro e Avenida de Abuín.

Méndez, que continúa así recorrendo os barrios da cidade para coñecer de primeira man as peticións da veciñanza e coordinar xuntos diversos proxectos, destacou a boa sintonía cos veciños e veciñas da contorna, e trasladoulles que as portas do Concello están sempre abertas ás súas suxerencias para traballar xuntos en beneficio do Castiñeiro, do conxunto da cidade e do municipio de Lugo.

Multimedia

  • A Alcaldesa analiza coa veciñanza do Castiñeiro actuacións de mellora no barrio e anuncia a renovación do parque infantil

Noticias relacionadas