Adxudicada a prestación das actividades de animación sociocultural nos 7 centros de convivencia por 194.200 euros

Este servizo, que contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo, está dividido en tres bloques, actividades de lecer, dinamización sociocultural e excursións

O Concello ten aberto ata este venres o prazo de inscrición en actividades de animación sociocultural. Os interesados poden facelo en horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas, no centro no que o interesado desexe acudir ás actividades

Mércores, 21 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Adxudicada a prestación das actividades de animación sociocultural nos 7 centros de convivencia por 194.200 euros

A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar a Serviplustotal, S.L. a prestación das actividades incluídas dentro da programación de animación sociocultural nos 7 centros de convivencia por 194.200 euros. Así o informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen subliñou que se trata dun servizo público que contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo, “unha aposta fundamental do Goberno Municipal”. Deste xeito, desenvolveranse máis de 9.000 horas de actividades para todos os públicos nos centros de Fingoi, Sagrado Corazón, A Milagrosa, Uxío Novoneyra, Maruja Mallo, Lamas de Prado e María Balteira.

Tal e como informou Fernández, este servizo está distribuído en tres bloques: un de actividades de lecer e tempo libre, cun orzamento de adxudicación de 97.827,50 euros, que inclúe talleres de castelán, apoio escolar, animación á lectura, contacontos, estimulación cognitiva e memoria, danza, debuxo ou pintura, entre outros. Un segundo bloque de atención e dinamización sociocultural (76.664,50 euros), que se prestará nas fins de semana e festivos co fin de ampliar a oferta de ocio, e que engloba, entre outras actividades, sesións de lectura ou baile. E un terceiro e último de 6 excursións, polo municipio, a provincia, a comunidade autónoma ou o resto do país (2.100 euros). A adxudicataria ofertou como melloras unhas 600 horas anuais para actividades de lecer e atención e dinamización, 300 horas por cada bloque.

Este contrato inclúe cláusulas sociais en defensa dos dereitos dos traballadores, valorándose para a súa adxudicación a oferta de mellora nas condicións laborais e salariais cun máximo de 10 puntos.

En materia de animación sociocultural, o Concello ten aberto ata este venres o prazo de inscrición, que se fará en horario de mañá, das 09:00 ás 13:00 horas, no centro de convivencia no que o interesado desexe acudir ás actividades.

Audio

  •  Miguel Fernández, sobre a adxudicación das actividades de animación sociocultural | Descargar mp3

Noticias relacionadas