A actuación estará dividida en catro lotes, que se adxudicarán mediante un procedemento aberto simplificado
As empresas teñen até o día 26 para presentar ofertas, e está previsto que a adxudicación se produza o día 2 de xaneiro
- Tema

Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta dos avances no procedemento de pintado da sinalización horizontal do concello de Lugo. Penas indicou que “este xoves saíu o procedemento na plataforma de contratación do Estado, o que abre o prazo para que as empresas poidan presentar as súas ofertas para os distintos lotes”.
“Ata o 26 de decembro as empresas que o desexen poderán presentar ofertas para os distintos lotes nos que se dividiu a cidade”, indicou Alexandre Penas, e engadiu “fixemos esta división para que se realice a actuación de maneira simultánea por toda a cidade”. “O 2 de xaneiro do vindeiro ano está previsto que se revisen as ofertas e se inicie o procedemento de contratación”.
Unha vez adxudicadas, as actuacións terán un prazo de execución de 4 meses. Dende a Concellería de Infraestruturas investirase un total de 1.087.904€ para esta actuación, “para garantir as boas condicións da cidade e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza de Lugo”.
Audio
- Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, sobre o pintado da cidade | Descargar mp3