Aberto o prazo para solicitar as subvencións para proxectos de cooperación e sensibilización social

O Concello destina 89.500 euros a estas axudas, que se poden solicitar ata o día 20 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello 

Luns, 04 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten aberto o prazo de solicitude de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e para proxectos de sensibilización social, ás que destina 89.500 euros. Da contía total, destinaranse 70.000 euros a subvencionar proxectos de cooperación e 19.500 irán destinados a financiar proxectos de sensibilización.

Todos os interesados en calquera destas dúas liñas de axuda, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva, poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ata o 20 de xaneiro. As bases íntegras desta convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 19 de decembro do 2015, no Taboleiro de Anuncios Municipal e na páxina web do Concello www.lugo.gal

Serán gastos subvencionables dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento estudos técnicos, gastos da man de obra necesaria para a execución das obras, infraestruturas ou investimento e os de adquisición de bens e equipamentos invetariables, entre outros. Os gastos subvencionables dos proxectos de sensibilización serán os de persoal, os de arrendamento de bens mobles e inmobles, os gastos de viaxe, desprazamentos e transporte, os de adquisición de material de oficina non inventariable, as subministracións de auga, gas, enerxía eléctrica, combustibles, carburantes e comunicacións; vestiario e utensilios, produtos alimenticios, de farmacia, sanitarios e de limpeza e aseo e os de publicidade, información e difusión; así como gastos de funcionamento e gastos asociados á administración da organización solicitante.

Audio

  • Ana Abelleira, sobre as subvencións para proxectos de cooperación e sensibilización social |Descargar mp3

Noticias relacionadas