O alcalde recibe no Concello ao alumnado de 4º de Primaria do Menéndez Pelayo para explicar como se desenvolve a actividade municipal

Miguel Fernández conversou no salón de plenos cunha vintena de rapaces e rapazas, que se interesaron por aspectos relacionados coas instalacións deportivas, os parques infantís ou o estado das estradas do municipio.

Martes, 13 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde recibe no Concello ao alumnado de 4º de Primaria do Menéndez Pelayo para explicar como se desenvolve a actividade municipal

 O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no salón de plenos a unha vintena de alumnos e alumnas de cuarto de Primaria do Colexio Menéndez Pelayo, para explicarlles como se desenvolve a actividade municipal, o funcionamento do Goberno Local ou algúns dos asuntos que se tratan no salón de plenos. Os nenos e nenas deste centro se interesaron por aspectos relacionados co mantemento das instalacións deportivas municipais, polos parques infantís da cidade ou polo estado das estradas do municipio. Ademais, os alumnos e alumnas do Mendéndez Pelayo conversaron co alcalde de deporte, sobre o crecemento da poboación lucense ou sobre a constitución da corporación municipal. 

Multimedia

  • O alcalde recibe no Concello ao alumnado de 4º de Primaria do Menéndez Pelayo para explicar como se desenvolve a actividade municipal
  • O alcalde recibe no Concello ao alumnado de 4º de Primaria do Menéndez Pelayo para explicar como se desenvolve a actividade municipal

Noticias relacionadas