O Concello poda as árbores da contorna da Ponte da Estación para mellorar a visibilidade do tráfico rodado e dos peóns

Transición Ecolóxica deu resposta á petición de Alcaldía para intervir nesta zona e avanzar na seguridade viaria neste paso e na parte máis próxima á avenida Adolfo Suárez.

Varios operarios da brigada municipal de Parques e Xardíns comezaron esta mañá cos labores de roza, que continuarán mañá coa poda de árbores a ambos marxes da ponte.

Contouse co apoio da Policía Local, e dos servizos do Parque Móbil e da Brigada Eléctrica do Rural, que aportou un camión con cesta elevadora para acceder ao ramaxe máis alto.

Xoves, 18 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello poda as árbores da contorna da Ponte da Estación para mellorar a visibilidade do tráfico rodado e dos peóns

 O Concello de Lugo comezou esta mesma mañá coa poda de árbores na contorna da Ponte da Estación, co obxectivo de mellorar a visibilidade tanto peonil como do tráfico rodado. A actuación acometida desde a Concellería de Transición Ecolóxica responde a unha petición feita desde a área de Alcaldía, e tras unha reunión do alcalde mantida cos veciños e veciñas desta zona. Con esta actuación avánzase na seguridade viaria ao longo desta ponte e, de xeito específico, no treito máis próximo á avenida Adolfo Suárez.   

Os labores de roza comezaron a primeira hora desta mesma mañá, coa intervención de varios operarios da brigada de Parques e Xardíns, e continuarán mañá, xornada na que se acometerá a poda das árbores. Nesta actuación a citada brigada contou coa colaboración doutras áreas municipais, como da Policía Local, para delimitar e valar a zona de intervención, e dos Servizos Eléctricos do Rural, que aportaron un camión con cesta elevadora, para poder acceder ao ramaxe máis alto e acometer con éxito os labores de roza.

Ditos traballos ademais da poda das árbores levaranse a cabo a ambas marxes ao longo da Ponte da Estación; na zona máis próxima a avenida Adolfo Suárez e tamén no aparcadoiro existente xunto á citada ponte. Precisamente, para a xornada de mañá está prevista a poda nestas zonas, unha vez concluída a roza de ramas en beirarrúas, para garantir a visibilidade dos vehículos que circulan por esta vía da cidade, pola ponte e polos accesos ao aparcadoiro próximo á estación, así como o paso dos peóns.

Multimedia

  • O Concello poda as árbores da contorna da Ponte da Estación para mellorar a visibilidade do tráfico rodado e dos peóns
  • O Concello poda as árbores da contorna da Ponte da Estación para mellorar a visibilidade do tráfico rodado e dos peóns
  • O Concello poda as árbores da contorna da Ponte da Estación para mellorar a visibilidade do tráfico rodado e dos peóns

Noticias relacionadas