A zona de descanso do Caudal Fest xa está á venda

Está dispoñible en www.caudalfest.es en forma de parcelas de 2 persoas cun prezo de 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival

Martes, 28 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Caudal Fest, que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na contorna do río Miño, vén de poñer á venda o servizo de zona de descanso, debido á alta afluencia de xente que haberá nesta primeira edición, con practicamente toda a ocupación hoteleira ao máximo en Lugo e arredores.

Nesta zona de descanso poderase acampar ao carón do recinto principal, e contará con todas as vantaxes posibles: control de acceso 24 horas, seguridade privada, baños, duchas de auga quente e cafetería, entre outros.

Está dispoñible na web oficial do evento, www.caudalfest.es, en forma de parcelas de 2 persoas cun prezo de 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival. Dado que a capacidade é limitada, Caudal Fest fai un chamamento a facer a reserva do espazo canto antes.

Noticias relacionadas