A zona de descanso do Caudal Fest xa está á venda
Está dispoñible en www.caudalfest.es [1] en forma de parcelas de 2 persoas cun prezo de 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival
- Tema
- Cultura e Turismo
O Caudal Fest, que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na contorna do río Miño, vén de poñer á venda o servizo de zona de descanso, debido á alta afluencia de xente que haberá nesta primeira edición, con practicamente toda a ocupación hoteleira ao máximo en Lugo e arredores.
Nesta zona de descanso poderase acampar ao carón do recinto principal, e contará con todas as vantaxes posibles: control de acceso 24 horas, seguridade privada, baños, duchas de auga quente e cafetería, entre outros.
Está dispoñible na web oficial do evento, www.caudalfest.es [1], en forma de parcelas de 2 persoas cun prezo de 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival. Dado que a capacidade é limitada, Caudal Fest fai un chamamento a facer a reserva do espazo canto antes.
