Xuventude organiza un curso de balde de vixiante de seguridade dirixido á mocidade lucense

O curso de vixiante de seguridade, está dirixido á poboación lucense de entre 18 e 35  anos.

O prazo de inscrición para participar neste curso, para o que hai un número limitado de 25 prazas, estará aberto o día 3 de marzo.

Mércores, 02 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza un curso de balde de vixiante de seguridade dirixido á mocidade lucense

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na área de Xuventude dirixida por Mauricio Repetto, organiza un curso de vixiante de seguridade, do 28 de marzo ao 16 de maio subvencionados polo Plan Nacional de Drogas.

"Esta iniciativa enmárcase dentro da estratexia que estamos a desenvolver desde a área de Xuventude, nun traballo coordinado para ofrecer propostas distintas á mocidade de formación e emprego con múltiples saídas laborais, proxectos que constatan que a mocidade está sempre presente na axenda política do goberno da cidade" apuntaba o edil.

O curso de vixiante de seguridade, está dirixido á poboación lucense de entre 18 e 35  anos, impartirase de luns a venres, de 18.00h a 21.00h e terá unha duración de 180 horas. O prazo de inscrición para participar neste curso, para o que hai un número limitado de 25 prazas, estará aberto o día 3 de marzo.

Para inscribirse pódese consultar a páxina  www.lugomasxti.org. Os interesados en ter máis información sobre os cursos poden poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogodependencias no Centro Social Uxío Novoneyra ou chamando ao teléfono 982 297 837.

Audio

  • O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, sobre o curso de vixiante de seguridade | Descargar mp3

Noticias relacionadas