A Xunta de Compras do Concello de Lugo autoriza obras de mellora e mantemento no CEIP A Ponte e na gardeiría Municipal Serra de Outes

Venres, 10 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Compras celebrada hoxe validou o gasto para acometer melloras e mantemento do CEIP A Ponte, por un importe de 8.688 euros. Ademais, autorizou un investimento de 25.000 euros para obras de mellora e mantemento da gardeiría Municipal Serra de Outes. As obras inclúen pintar a escola por dentro e arranxar o chan de corcho, entre outros.

Ademais, a Xunta de Compras aprobou a xestión de creación dun organismo de xestión turística municipal de carácter mixto, por importe de 2.120 euros achegado pola FEMP. O organismo permitirá a xestión integral do turismo da cidade. Trátase dunha forma de xestión profesionalizada do turismo avalada pola FEMP.

No apartado de infraestruturas contratáronse melloras eléctricas no edificio administrativo do Concello por un importe de 55.448 euros. Estas, permitirán acometer unha renovación e modernización das instalacións eléctricas do inmoble. As obras supoñen unha renovación do cadro eléctrico xeral e as conexións correspondentes, motivadas polo aumento de servizos que presta o edificio.

Noticias relacionadas