Xa está aberto o prazo para participar no XX certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

No certame establécense dúas categorías, unha de 12 a 14 anos e outra de 15 a 18 anos que poderán presentar os traballos ata o 20 de novembro.

Mércores, 12 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que está aberto o prazo para participar na XX Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo que ten como obxecto contribuír a fomentar a creatividade literaria entre os escolares lucenses.

Os participantes terán que ser alumnos e alumnas de 12 a 18 anos de calquera centro público ou privado da provincia de Lugo. Os contos deberán estar escritos en lingua galega e a extensión non pode ser superior a dez páxinas. O tema será libre e pódense participar en dúas categorías de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos.  Os traballos enviaranse sen remite e baixo lema e a categoría na que se participa.

Este certame é un dos que conta con máis tradición no ámbito escolar e co que se busca que dende edades temperás se estimule a imaxinación e o fomento da lectura estimulando o gusto pola literatura nos mozos e mozas.

Os contos serán enviados á Concellería de Educación no Centro Social Uxio Novoneyra ata o día 20 de novembro. Os premios serán:

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

  • 1º Diploma, lote de libros e premio valorado en 200 €.
  • 2º Diploma, lote de libros e premio valorado en 100 €.
  • 3º Diploma, lote de libros e premio valorado en 70 €.

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

  • 1º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 250 €.
  • 2º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 130 €.
  • 3º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 100 €.

Noticias relacionadas