Visita do Alcalde á exposición que clausura os obradoiros no CC do Sagrado Corazón

Venres, 28 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou hoxe a exposición de traballos que fixeron os alumnos dos obradoiros de manualidades no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón.

O Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, eloxiaron as labores que expoñen os participantes nestes obradoiros, ós que asistiron uns 80 veciños do barrio.

A exposición consta de pinturas, traballos en vidro, cestería, pintura en tela e macramé, entre outras manualidades, e permanecerá aberta durante toda a semana. De momento visitárona case un cento de persoas.

Esta mostra é o acto que clausura os obradoiros de manualidades organizados este curso polo Concello no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón. En total foron 12 actividades, entre obradoiros de manualidades e actividades físicas. O do Sagrado Corazón é o único Centro de Convivencia onde se impartiu un obradoiro de pesca, no que se aprende a facer señuelos, grazas á labor dun voluntario que impartiu este curso.

A finais do mes de xuño está previsto que rematen os cursiños de actividades físicas e logo impartiranse os cursos de verán, tamén organizados polo Concello.

Hai once anos, dende que José López Orozco é Alcalde de Lugo, lévanse celebrando estas actividades no CC do Sagrado Corazón.

Multimedia

Noticias relacionadas