Lara Méndez mostrou o total apoio do Concello a iniciativas deste tipo que pretenden revitalizar o comercio local

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, visitaron esta mañá os postos da VIII edición do mercado Comercio na Rúa Street Market, no que participan preto de 90 comercios da cidade que ofrecen ata o 80% de descontos em artigos de todos os sectores ao longo deste mércores de 10:30 a 20:30 horas, de xeito ininterrompido.
Durante a visita, Lara Méndez mostrou o total apoio do Concello a iniciativas deste tipo que pretenden revitalizar o comercio local, un sector estratéxico para o municipio, na que máis do 80% das empresas pertencen ao sector servizos e que supoñen o 14% do PIB municipal, xerando o 16% dos postos de traballo.