Unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto, actos de conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Luns, 26 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ás 12:00 horas deste sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha concentración e unha ofrenda floral diante da árbore da vida, na Praza de Santo Domingo, como homenaxe ás víctimas da violencia de xénero.

Neste acto participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, entre outras autoridades.

A edil de Muller leu un manifesto en homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e realizará unha ofrenda floral en memoria de todas as mulleres que perderon a vida como consecuencia desta violencia machista.

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis , o 25 de novembro honramos às mulleres vítimas da violencia de xénero e queremos trasladar à cidadanía e tamèn às mulleres que estàn sufrindo malos tratos , unha mensaxe de alento porque do circulo é posible sair.

A violencia de xénero , està na primeira liña da axenda política do goberno de España, de Galicia e tamèn do goberno local e debemos, dende todas as institucións, aunar esforzos para cooperar na mellora dos mecanismos da asistencia às mulleres maltratadas, así como na loita pola prevención, pola asistencia integral e polas condeas ós maltratadores.

Temos que continuar traballando constantemente, para todas as mulleres vítimas de violencia de xénero que nos seguen necesitando así como para os seus fillos e fillas. Non podemos deixar que se perpetùe nas vindeiras xeracións e que os nenos e nenas expostos à violencia de xénero sexan potenciais maltratadores e ou vítimas.

Non podemos esquecernos das 69 mulleres asasinadas (3 nesta semana)vítimas duns asasinos enraizados nun machismo patriarcal, ancestral e cultural.
Por todo elo:

Temos que seguir loitando todas e todos para combater esta lacra insoportable eliminando todo uso partidista.
A violencia de xénero non é un asunto privado das mulleres, polo que compete a toda a sociedade a sùa condena, e tamén, e sobre todo, às persoas con responsabilidade política que en representación da cidadanía, debemos manifestar a nosa máis enerxica repulsa ante cada atentado contra a vida das mulleres.

É necesaria a colaboración leal entre as institucións para que, no eido das competencias de cada unha delas, poñan a disposición das mulleres maltratadas todos os recursos posibles.

Seguiremos levando a cabo programas educativos de prevención en materia de igualdade, resolución de conflictos de non violencia e campañas de sensibilización e concienciación, xa que o machismo mata às mulleres e envilece òs homes.
A violencia de xénero é tamén un problema grave de saúde polo que pedimos que se inclúa nos plans de saùde da Xunta.

Pedimos tamén que os medios de comunicación sexan responsables e saiban valorar o esforzo e o traballo das mulleres , e o sufrimento que producen estas situacións de violencia , maltrato e desigualdade. Non podemos aceptar todo para o espectàculo mediático e para subir as audiencias. Coa vida das persoas non todo vale.

Por último dicirlles às mulleres que non estan soas que acudan às institucións e às asociacións de mulleres , que busquen primeiro a seguridade e logo que denuncien.

Un acto como este, e unha data como esta teñen que servir para concienciar à sociedade e dar voz a todas as vìtimas, para combatir a violencia contra as mulleres.

Noticias relacionadas