Un xogo de mesa xigante permitirá aos participantes reflexionar sobre o papel das mulleres ao longo do tempo

Mércores, 22 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, xoves 23 de outubro a partir das 12:00 horas, desenvolverase nas rúas próximas á Praza Maior de Lugo a actividade Nonétrivial, aplazada a semana pasada por mor do tempo. Trátase dunha nova instalación de Luz Darriba, promovida pola Casa da Muller do Concello de Lugo,que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre. Esta iniciativa consiste na exposición urbana dun macro xogo de preguntas e respostas. Con este proxecto trátase de poñer ao descuberto os nosos coñecementos sobre a vida, a historia e o presente das mulleres, que ao longo do tempo foi silenciado ou ignorada.

Trátase dun proxecto de participación colectiva no que se propón unha reflexión sobre o papel das mulleres na nosa cultura a través dos tempos.

O funcionamento da actividade é similar ao Trivial de mesa, pero as fichas serán as propias persoas que xoguen. Trátase de ir respondendo ás preguntas de ciencias, política, artes, miscelánea, deportes e historia relacionadas coa condición feminina e ir gañando os “queixiños” que permitirán recibir un pequeño agasallo.

No xogo poderán participar ata 36 persoas á vez que farán de fichas saindo do centro do taboleiro situado na praza Maior e desprazándose polos casilleiros situados nas rúas do centro da cidade: rúa da Raíña, Doutor Castro, Conde Pallares, Praza de Santa María, Bispo Aguirre…

Nonetrivial contará con la participación especial das xogadoras do Durán Maquinaria Ensino, que tamén están mencionadas nas preguntas do xogo.                                                   
Esta actividade busca demostrar que os actos e os acontecementos ao contorno do xénero feminino non son triviais e merecen un mellor posicionamento na axenda da política e da cultura.

Os que desexen participar poderán apuntarse na Oficina Municipal de Xuventude, na Casa da Muller e no Servizo Municipal de Drogodependencias.

Noticias relacionadas