A iniciativa, organizada por primeira vez na cidade, acadou un éxito de afluencia de público e un importante pulo económico para os establecementos participantes.
Lara Méndez destacou que se cumpliu o obxectivo de visibilizar aos negocios dos barrios e impulsar as súas vendas, e anvanzou a reedición do mercado o vindeiro Nadal.
Así mesmo, repartíronse un total de 652 vales entre as persoas que presentaron un tícket de compra superior a 10€ nalgún dos establecementos adheridos a Localmente Lucense.

Un total de 40 comercios da cidade participaron no primeiro mercado municipal Nadalmente Lucense, promovido pola alcaldesa, Lara Méndez, na Praza Maior para poñer en valor os produtos de proximidade e ofrecer aos negocios lucenses un escaparate único, nun dos espazos máis emblemáticos e transitados do municipio.
Neste senso, a rexedora destacou “a magnífica acollida desta iniciativa, que se celebrou por primeira vez na cidade, acadando non só un éxito de público e afluencia –motivo polo cal decidimos ampliala unha semana máis do previsto–, senón tamén un importante pulo económico para os parciticipantes que incrementaron de media a súa facturación un 40%”.
“Deste xeito, cumplimos o triplo obxectivo que nos marcábamos: visibilizar aos negocios dos barrios na zona máis céntrica da cidade, impulsar as vendas de Nadal nos comercios de proximidade e encher de animación o centro histórico, especialmente pensando nos máis pequenos da casa”, subliñou, ao tempo que avanzou que a iniciativa se reeditará o vindeiro Nadal.
Esta semana comezaron os labores de desmontaxe e retirada das 20 casetas que estiveron en funcionamento durante todo o mes de decembro e ata o 5 de xaneiro, coincidindo co día de Reis. Estes espazos ofrecéronse de xeito gratuíto aos comerciantes interesados, mediante un sistema de rotación semanal, de maneira que se lle deu oportunidade de participar a negocios de todos os barrios da cidade.
Sorteo de vales de compra en comercios locais
En canto aos sorteos da campaña de Nadal, Lara Méndez destacou, igualmente, a implicación da veciñanza que apostou por realizar as súas compras nos establecementos de proximidade. Así, entre as persoas que presentaron un tícket de compra superior a 10 euros nos postos do mercado, realizouse un sorteo diario con 5 gañadores, entregándose un total de 640 vales valorados en 1.280 euros.
Paralelamente, celebraronse outros 4 sorteos, un cada venres de decembro, con tres gañadores cada sorteo, entre as persoas que presentaron un tícket de compra superior a 10 euros en calquera dos establecementos adheridos á campaña Localmente Lucense, entregándose un total de 12 vales valorados en 1.400 euros.
“As e os gañadores poderán canxear estes vales nos comercios locais, polo que estes premios revertirán así mesmo na economía da cidade”, concluíu Méndez.
Audio
- Lara Méndez, sobre o primeiro mercado municipal Nadalmente Lucense | Descargar mp3