Luns, 23 de novembro de 2009
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de 50 alumnos e alumnas de 3º de primaria do Colexio Salesianos. Neste acto participou tamén o Concelleiro de Protección da Comunidade e dúas mestras do centro lucense.
Os políticos explicaron aos rapazes e rapazas o funcionamento do Concello, do Pleno e as labores realizadas polo equipo de Goberno e os membros da oposición.
O Alcalde e o Concelleiro responderon ás preguntas dos cativos en relación ao seu traballo e a cidade.
Os nenos e nenas recibiron como recordo da súa visita diverso material de escritura.