Un grupo de 140 membros da Asociación de Empregados de Begano visitan Lugo

Mércores, 16 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta tarde a un grupo de 140 membros da Asociación de Empregados de Begano. Neste acto participaron tamén o presidente da asociación Fernando Araújo e o delegado de Begano Coca-Cola en Lugo, Raúl Centelles.

A Concelleira recomendou aos visitantes que disfruten de todos os atractivos que ofrece a cidade, especialmente da Muralla que neste ano cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial. Ademais, Méndez, indicoulles que Coca-Cola, con motivo desta conmemoración editou unha botella especial dedicada á Muralla de Lugo.

Por outra banda, Sonia Méndez resaltou a calidade da gastronomía lucense “que non poden deixar de probar na súa visita”.

A edil aproveitou a ocasión para invitarlles a vir a disfrutar do Arde Lucus que terá lugar a fin de semana do 25 ao 27 de xuño.

www.ardelucus.com

 

Multimedia

Noticias relacionadas