Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un grupo de 140 membros da Asociación de Empregados de Begano visitan Lugo

Un grupo de 140 membros da Asociación de Empregados de Begano visitan Lugo

  • Tema
    • Economía
Mércores, 16 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta tarde a un grupo de 140 membros da Asociación de Empregados de Begano. Neste acto participaron tamén o presidente da asociación Fernando Araújo e o delegado de Begano Coca-Cola en Lugo, Raúl Centelles.

A Concelleira recomendou aos visitantes que disfruten de todos os atractivos que ofrece a cidade, especialmente da Muralla que neste ano cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial. Ademais, Méndez, indicoulles que Coca-Cola, con motivo desta conmemoración editou unha botella especial dedicada á Muralla de Lugo.

Por outra banda, Sonia Méndez resaltou a calidade da gastronomía lucense “que non poden deixar de probar na súa visita”.

A edil aproveitou a ocasión para invitarlles a vir a disfrutar do Arde Lucus que terá lugar a fin de semana do 25 ao 27 de xuño.

www.ardelucus.com [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-grupo-de-140-membros-da-asociacion-de-empregados-de-begano-visitan-lugo

Ligazóns:
[1] http://www.ardelucus.com