Últimos tres días para presentar as propostas de cartel para o Arde Lucus MMXVIII

As persoas interesadas poden presentar os seus traballos na Casa da Xuventude, de 10:00  a 14:00 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 21:30 pola tarde, ou mediante correo certificado

O premio ascende a 1.000 euros, e o traballo gañador será o que anuncie esta festa declarada Festa de Interese Turístico e Nacional, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño

Mércores, 14 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este venres, 16 de febreiro, remata o prazo para presentar as propostas de cartel anunciador do Arde Lucus MMXVIII. As persoas interesadas poden presentar este últimos tres días os seus traballos na Casa da Xuventude, de 10:00  a 14:00 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 21:30 pola tarde, ou mediante correo certificado. As creacións deben entregarse en tamaño A-3, en soporte ríxido para facilitar a súa exposición, ademais de copia en formarto dixital, cunha resolución de 1890x2645. Farase en sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre deberá indicarse por escrito o mesmo lema e os datos identificativos do autor ou autora.

Ao igual que en edicións anteriores, o premio para a persoa gañadora ascende a 1.000 euros, e o traballo gañador será o que anuncie esta festa declarada Festa de Interese Turístico e Nacional, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño.

As creacións presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se farán unha votación popular da que se seleccionarán as obras que se someterán a votación do xurado. Unha vez realizada a votación popular on-line seleccionanranse o seguinte número de carteis: se o número de carteis presentados non supera os 50, seleccionaránse os  10  máis votados e se o número de carteis supera os 50, seleccionaranse 10 e a maiores o 10% dos numero total de carteis presentados.

Esta votación popular levarase a cabo on-line. O prazo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 22 de febreiro ata as 12:00 horas do 28 de febreiro. Unha vez feito o reconto de votos, farase pública a selección a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus 2018 e da web do Concello de Lugo www.lugo.gal

O Concello de Lugo seleccionará un xurado formado por tres persoas expertas o cal será o encargado de seleccionar a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular o día 2 de marzo ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.

As bases deste certame están dispoñibles para todos as persoas interesados na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.lugo.gal, e no teléfono de atención cidadá 010.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a presentación das propostas de cartel do "Arde Lucus MMXVIII" | Descargar mp3

Noticias relacionadas