Últimos días para inscribirse nos obradoiros de busca de traballo que impulsa o Goberno dentro da Semana Europea de Emprego

O xoves 15 remata o prazo. É preciso enviar un formulario, que pode descargarse en www.lugo.gal, ao enderezo EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou ben entregalo nas instalacións do EspazoLab

Os talleres celebraranse entre martes e venres da vindeira semana, no Espazo Lab, en horario de 09:30 a 13:30 horas

Luns, 12 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, fixo un recordatorio de que este xoves, 15 de novembro, remata o prazo para inscribirse nos novos cursos de busca de traballo que impulsa o Goberno, a través de Europe Directo-Lugo, o centro de información europea da entidade local.

As persoas interesadas deben enviar cuberta unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web do Concello, www.lugo.gal), a EspazoDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou entregala nas propopias instalacións do Espazo Lab.  Os talleres celebraranse a vindeira semana, do 20 ao 23 de novembro, no Espazo Lab, enmarcados dentro da Semana Europea de Emprego.

Esta nova iniciativa responde ao compromiso do Goberno coa creación do emprego, independente de non ter as competencias, dedicando no orzamento deste ano 3 millóns de euros a políticas de emprego. No marco do esforzo e do traballo para promover a inserción laboral, o equipo de Lara Méndez ten proxectos en marcha de máis de 2 millóns de euros e preto de 300 persoas beneficiarias, entre o plan Empregalia, Inicia Coworking, o viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería, os obradorios Fórum 4.0 e InteracTICvate ou o Mellora Lugo 2018.

Os obradoiros , que se impartirán de 09:30 a 13:30 horas, son os seguintes:

  • Día 20: Tomando o pulso á situación actual
  • Día 21: Coñecendo o meu obxetivo profesional
  • Día 22: Do obxectivo profesional ao Plan de acción

Día 23: Practicando o aprendido

Audio

  • Ana Prieto, sobre os obradoiros de busca de traballo | Descargar mp3

Noticias relacionadas