Tres de cada 10 turistas foráneos que se achegaron á Oficina de Turismo e aos museos en agosto viñan de Francia e Italia

O turismo estranxeiro medrou un 3% en agosto con respecto ao mesmo mes ano anterior, e un 22% máis con respecto a xullo. Tamén se achegaron a Lugo viaxeiros de Gran Bretaña, Portugal, Alemaña, Arxentiña, EEUU e Xapón

Luns, 03 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O turismo estranxeiro en Lugo mantén o seu bo ritmo. Concretamente en agosto, tres de cada 10 turistas foráneos que se achegaron tanto á Oficina Municipal de Turismo como á rede museística do Concello viña de Francia e Italia, máis de 500 persoas.

En conxunto, o turismo foráneo medrou un 3% no pasado agosto con respecto ao mesmo mes do ano anterior, e un 22% máis con respecto a xullo. Tamén se achegaron a Lugo viaxeiros de Gran Bretaña, Portugal, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos e Xapón, entre outros. Así mesmo destacan as visitas dos turistas procedentes de Irlanda.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, celebrou o bo resultado do verán en Lugo, cun intenso movemento turístico non só nas rúas senón tamén na amplia oferta cultural que ofreceu o Concello, como as actuacións musicais ou de maxia do Ágora Cultural, as excursións de Terras de Auga e Cultura ou as andainas polo Camiño Primitivo, capaces de dinamizar Lugo, no eido cultural e tamén no turístico.

Respecto á totalidade de visitas tanto na Oficina Municipal como na rede museística municipal en agosto, Carmen Basadre confirma un dato parecido ao do ano anterior, cunhas 15.000 visitas. As e os turistas madrileños acaparan as visitas nacionais, seguidos dos de Cataluña e Andalucía. 

Audio

Noticias relacionadas