Os traballos levan cara unha accesibilidade maior e unha sinalización horizontal renovada.
Arroxo: "O Concello avanza soterrando servizos e renovando saneamento na rúa Rof Codina".

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, achegouse ata a rúa Rof Codina xunto co edil de infraestruturas, Alexandre Penas, para reunirse con representantes da veciñanza e coa delegada de AUXILIA. Arroxo dixo que "as obras que se están realizando completan o traballo de renovación do sanemeanto e avanzan no soterrado de servizos".
Coa presenza da Delegada de AUXILIA, comprobaronse as melloras en accesibilidade e Alex Penas anunciou que "nas obras está comtemplada a execución dos traballos de asfaltado e sinalización horizontal". Con esta actuación a Tenencia de Alcaldía acomete a mellora integral da rúa Rof Codina e continua atendendo as necesidades dunha das zonas máis poboadas da cidade como é Fontiñas.
A intervención sumase ao recente asfaltado de unha das zonas máis deterioradas da propia av de Fontiñas e a apertura dun aparcadoiro na rúa Rof Carballo.


