A Semana Santa en Lugo vai de visitas guiadas polo Camiño Primitivo

Será dende o xoves 18 ao domingo 21, con saída ás 16:30 horas, dende a Praza Maior, nos soportais do Concello

As persoas interesadas poden inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo, podendo presentarse directamente no punto de saída

Así mesmo, dentro da programación de Terras de Auga e Cultura, o Concello ten programadas dúas rutas para estas datas. Unha o xoves, baixo o nome de As Arquitecturas do Camiño, e outra o domingo, polas zonas húmidas da Terra Chá

Martes, 16 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza para esta Semana Santa unha programación de visitas guiadas gratuítas polo Camiño Primitivo. Será dende o xoves 18 ao domingo 21, con saída ás 16:30 horas, dende a Praza Maior, nos soportais do Concello.

Trátase de que as e os participantes percorran os principais monumentos da cidade integrados no trazado urbano do Camiño Primitivo. Deste xeito, é unha visita intersante tanto para visitantes como para os lucenses que queiran coñecer mellor a cidade e facer un pequeno tramo desta Ben Mundial.

Estas visitas percorerrán A Mosqueira, O Cantiño, Porta de San Pedro, Praza Maior, Praza de Santa María, interior da Catedral, Porta de Santiago, Porta Miñá, Camiño Primitivo dende a Porta Miñá ata a Ponte Romana polo barrio do Carme e Ponte Romana. A duración estimada das visitas é de aproximadamente 3 horas. Esta ruta tamén incluirá o Burgo Vello medieval na contorna da Porta Miñá, os antigos hospitais de peregrino sou a figura de San Froilán, entre outros.

As persoas interesadas poden inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo, podendo presentarse directamente no punto de saída.

Así mesmo, dentro da programación de Terras de Auga e Cultura, o Concello ten programadas dúas rutas para estas datas. Unha o xoves, baixo o nome de As Arquitecturas do Camiño, e outra o domingo, polas zonas húmidas da Terra Chá. Para participar tamén é necesario inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, ata as 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O punto de saída é a parada de bus urbano da rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre as rutas polo Camiño Primitivo | Descargar mp3

Noticias relacionadas