A rexedora Paula Alvarellos presidirá este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo

A xornada incluirá un acto institucional no Vello Cárcere e a entrega de condecoracións.

 
Luns, 20 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rexedora Paula Alvarellos presidirá este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidirá este martes os actos de conmemoración da Festividade da Policía Local de Lugo. A xornada comezará ás 10:30 horas, coa formación da Policía diante da Casa Consistorial, onde a rexedora pasará revista co bastón de mando, acompañada polo Intendente Jesús Piñeiro nuha cerimonia á que tamén asistirán os concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno, xunto ao resto de representantes da Corporación Municipal e doutras institucións públicas.

A continuación, ás 11:00 horas as autoridades e resto de participantes asistirán a unha misa que terá lugar na Catedral Básilica para honrar á protectora da Policía, a súa patroa, María Auxiliadora, e logo desprazaranse até o centro cultural O Vello Cárcere onde, a partir das 12:00 horas, terá lugar un acto institucional no que se fará entrega de diferentes galardóns para recoñecer os servizos prestados tanto polos inspectores como polos oficiais do Corpo local, alén de a representantes doutras forzas e corpos de seguridade.

Noticias relacionadas