A rexedora de Lugo inaugura a mostra ‘50 fotografías con historia’, un percorrido polo últimos oitenta anos a través de imaxes

Entre a selección de fotógrafos atópanse 17 Premios Nacionais de Fotografía e 2 Premios Nacionais de Artes Plásticas.

A exposición itinerante poderá visitarse na Plaza Horta do Seminario ata o 8 de setembro.

Xoves, 08 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rexedora de Lugo inaugura a mostra ‘50 fotografías con historia’, un percorrido polo últimos oitenta anos a través de imaxes

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou hoxe a exposición ‘50 fotografías con historia’, una mostra que estará instalada na Horta do Seminario ata o 8 de setembro, que recolle unha selección de imaxes icónicas e representativas do acontecer dos últimos 80 anos a través da mirada e o relato dos seus autores.

A rexedora, acompañada da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; da directora da programación de Acción Cultural Española, Isabel Izquierdo, e de José María Diaz-Maroto, comisario da exposición, realizaron un percorrido pola mostra, organizada polo Goberno de España en colaboración co Concello de Lugo.

“Cada unha destas fotografías reflicte unha visión do mundo, pero tamén unha forma de entender a fotografía e da súa correspondente carga social”, incidiu Lara Méndez, que destacou a enorme calidade dos profesionais que amosan o seu traballo, entre os que se encontran tamén fotógrafos galegos. Entre a selección de profesionais atópanse 17 Premios Nacionais de Fotografía e 2 Premios Nacionais de Artes Plásticas.

“Animo a cidadanía que se achegue a coñecer esta exposición itinerante, que chega á nosa cidade despois de pasar por Guadalajara e pola embaixada de España en Washington” destacou a rexedora.

A iniciativa está deseñada para acadar o interese calquera tipo de público, que pretende que o visitante coñeza como evolucionou a fotografía en España e descubra cuestións tales como “a rutina de traballo do fotógrafo, o contexto histórico e social en que o fixo ou a relevancia que tiveron esas imaxes na súa carreira”, segundo explicou a directora da programación de Acción Cultural.

Visita guiada 50 fotografías con historia:

A exposición ofrece a oportunidade ao visitante de realizar a visita guiada a través do seu teléfono móbil grazas aos códigos  QR, situados en cada fotografía. Deste xeito, o visitante, poderá acceder á páxina web da exposición e profundar na historia da fotografía e do autor.

 

Multimedia

  • A rexedora de Lugo inaugura a mostra ‘50 fotografías con historia’, un percorrido polo últimos oitenta anos a través de imaxes

Noticias relacionadas