Publicadas no BOP as bases das subvencións para asociacións do eido dos servizos sociais e transporte en taxi adaptado

O prazo para solicitar os 43.000 euros de axudas que o Goberno concede neste eido será de 20 días hábiles tras unha nova publicación no boletín, por conducto da Base Nacional de Subvencións

Coa convocatoria destas novas axudas, o Concello da un paso máis na accesibilidade e de cara o labor altruísta das asociacións sen ánimo de lucro

Xoves, 07 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das subvencións para asociacións  do eido dos servizos sociais sen ánimo de lucro e para transporte en taxi adaptado. Tal e como explicou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o prazo para solicitar os 43.000 euros que destina o Goberno a estas axudas será de 20 días hábiltes tras unha nova publicación no boletín, por conducto da Base Nacional de Subvencións. Coa convocatoria destas novas axudas, o Concello da un paso máis na accesibilidade e de cara o labor altruísta das asociacións sen ánimo de lucro.

A entidade local destina 38.000 euros para o tecido asociativo do municipio que desenvolve a súa actividade no eido dos servizos sociais para a realización de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e reparacións das infraestruturas nas que levan a cabo o seu labor. Tal e como explicou González Abelleira, o Goberno realiza un importante esforzo neste eido, incrementando a partida para estas axudas uns 12.500 euros máis con respecto ao ano pasado.

Poderán acollerse a esta convocatoria todas as asociacións ou entidades legalmente constituídas e domiciliadas no Concello, que ademais figueren inscritas no rexistro municipal de asociacións. Tamén deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias, tanto estatais, autonómicas como locais, e da Seguridade Social e ter xustificado os gastos correspondentes ás subvencións concedidas con anterioridade polo Concello, entre outros.

Ademais, o Concello tamén destina 5.000 euros a con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado. A contía máxima a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais, a excepeción das persoas empadroadas no rural, que se establece en 1.000 euros. Entre os requisitos, terase en conta ter unha idade mínima de 4 anos, estar empadroado no Concello, e non ser porpietario de vehículo, entre outros.

Lugo é o primeiro concello de Galicia que duplica o ratio marcado pola lei autonómica de accesibilidade e supresión de barreiras, que está no 5%, contando con 5 transportes adaptados, aos que o Concello lles concede unhas axudas de 10.000 euros. Estes taxis prestan este servizo durante os 365 días do ano as 24 horas do día.

Todas as persoas interesadas en calquera destas liñas de axuda poden presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios Municipal e na páxina web do Concello www.lugo.gal.

Audio

  • A edil Ana González Abelleira, sobre as axudas no eido social | Descargar mp3

Noticias relacionadas