Miguel Fernández recibiu no Concello a Olimpia López nun primeiro encontro con moi boa sintonía e no que se fixo palpable o interese común de traballar en beneficio da cidade.
- Tema

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá na Casa Consistorial á nova subdelegada do Goberno, Olimpia López, na que foi a recepción oficial e primeira reunión entre ambos mandatarios, que transcorreu en moi boa sintonía e co interese común de sacar adiante novos proxectos para Lugo. O rexedor municipal deu a benvida á subdelegada do Goberno ao Concello de Lugo e mostrou a súa disposición para, conxuntamente, traballar pola cidade e seguir adiante coas liñas de colaboración que xa mantiña coa anterior subdelegada, Isabel Rodríguez. No transcurso da reunión, abordaron varios temas de interese para o municipio, mentres que Olimpia López destacou “a importancia da coordinación entre administracións para beneficio de todos os lucenses”.


