Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Primeira recepción oficial do alcalde á nova subdelegada do Goberno, co interese común de traballar por Lugo

Primeira recepción oficial do alcalde á nova subdelegada do Goberno, co interese común de traballar por Lugo

Miguel Fernández recibiu no Concello a Olimpia López nun primeiro encontro con moi boa sintonía e no que se fixo palpable o interese común de traballar en beneficio da cidade.

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 29 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira recepción oficial do alcalde á nova subdelegada do Goberno, co interese común de traballar por Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá na Casa Consistorial á nova subdelegada do Goberno, Olimpia López, na que foi a recepción oficial e primeira reunión entre ambos mandatarios, que transcorreu en moi boa sintonía e co interese común de sacar adiante novos proxectos para Lugo. O rexedor municipal deu a benvida á subdelegada do Goberno ao Concello de Lugo e mostrou a súa disposición para, conxuntamente, traballar pola cidade e seguir adiante coas liñas de colaboración que xa mantiña coa anterior subdelegada, Isabel Rodríguez. No transcurso da reunión, abordaron varios temas de interese para o municipio, mentres que Olimpia López destacou “a importancia da coordinación entre administracións para beneficio de todos os lucenses”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-recepcion-oficial-do-alcalde-nova-subdelegada-do-goberno-co-interese-comun-de