A Policía Local incorpora o primeiro coche híbrido do Concello de Lugo

Xoves, 01 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local incorpora o primeiro coche híbrido do Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e o Inspector de Policia Local, Jesús Piñeiro, revisaban esta mañá a nova incorporación á frota de vehículos da Policía Local, “o primeiro coche híbrido do Concello de Lugo destinado á seguridade municipal”, destacou a rexedora, que cualificou a nova incorporación como unha “boa nova ca que avanzamos cara o obxectivo de modelo de cidade verde e amable que temos, que implica tamén o uso de vehículos menos contaminantes”.

“O novo vehículo da Policía Local é un todoterreo da marca Toyota, e foi adquirido mediante modalidade de renting. A dotación pasará a incluírse no parque móbil municipal e mellorará as ferramentas a disposición dos axentes para desenvolver con maior seguridade o seu labor”, concluíu Méndez.

Esta previsto que este ano o Concello de Lugo renove a súa frota de vehículos con outros tres coches patrullas hibridos para o servizo da Policia Local e un furgón de atestados.

Noticias relacionadas