Paula Alvarellos recibe aos integrantes de Fuxan os Ventos antes da inauguración do novo auditorio, que levará o seu nome

A rexedora lucense destacou o compromiso do grupo coa lingua e a música galega como símbolo da identidade de Lugo.

Mércores, 18 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe aos integrantes de Fuxan os Ventos antes da inauguración do novo auditorio, que levará o seu nome

Paula Alvarellos recibiu hoxe aos integrantes de Fuxan os Ventos no marco dos actos previos á inauguración do Auditorio Fuxan os Ventos, que se celebrará este venres. Durante o encontro, a rexedora puxo en valor a traxectoria do grupo musical, fundado en Lugo en 1972, e o seu legado na cultura galega. "O nome deste auditorio é unha homenaxe ao seu labor pola nosa identidade colectiva", destacou.

A alcaldesa avanzou que na xornada inaugural, na que estarán presentes os integrantes de Fuxan os Ventos, descubrirase unha placa conmemorativa co nome da instalación. "Con este acto, Lugo reforza o seu compromiso coa cultura e coa música galega, poñendo en valor unha das súas figuras máis emblemáticas", subliñou.

Noticias relacionadas