Luns, 11 de novembro de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou no minuto de silencio celebrado hoxe, ás 13:30 horas fronte á Subdelegación do Goberno, en memoria de Estela Blach, vítima dun presunto asasinato machista ocorrido o venres 8 de novembro na localidade de Baiona.
O Concello de Lugo quere mostrar así o seu rexeitamento á violencia de xénero e a violencia vicaria, e en solidariedade coa familia da vítima.


