Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión de tres novos axentes locais, que reforzarán as unidades de Atestados e Policía de Barrio

Tanto a alcaldesa como o Intendente Xefe lles deron a benvida á cidade e destacaron que chegan a un dos corpos policiais “máis valorados e respectados de toda Galicia”.

 
Venres, 18 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión de tres novos axentes locais, que reforzarán as unidades de Atestados e Policía de Barrio

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo Intendente Xefe, Jesús Piñeiro, e polo Inspector, José Manuel Río Espiño, oficializou a toma de posesión de tres novos axentes que se incorporarán á Policía Local e, en concreto, reforzarán as unidades de Atestados e Policía de Barrio. 

Os novos axentes son Juan José Quiroga García, que procede da Policía Local do Concello de Ribadeo; José Manuel Gómez Gómez, que chega a Lugo despois de traballar no corpo de Ortigueira; e Iván Pérez Soto, procedente do concello de Fonsagrada. A rexedora trasladou os seus parabéns aos efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran responsabilidade” destacando ademais que “a Policía Local é un corpo respectado en Lugo, no que veciñas e veciños confían”. Nestes mesmos termos se expresou o Intendente Xefe, Jesús Piñeiro, que lles deu as gracias por escoller Lugo e sinalou que “este corpo de Policía é un dos máis valorados e respectados de Galicia”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión de tres novos axentes locais, que reforzarán as unidades de Atestados e Policía de Barrio

Noticias relacionadas