Paula Alvarellos: “con Lence compartimos a nosa aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”

A alcaldesa visitou xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a empresa lucense e coñeceu da man da presidenta de Leite Río o último proxecto SmarTZ4Milk.

Martes, 25 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos: “con Lence compartimos a nosa aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou esta mañá a empresa Leite Río xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para coñecer a planta do Grupo Lence no Ceao e achegarse ao último dos proxectos postos en marcha pola firma presidida por Carmen Lence, o denominado SmarTZ4Milk. Paula Alvarellos coñeceu da man da CEO de Lence este proxecto que está a liderar e que suporá o incremento da competitividade e da sostenibilidade do sector lácteo galego. Neste senso, Paula Alvarellos sinalou que “Leite Río é sinónimo de activismo rural e aposta firme e constante pola modernización da industria láctea, demostrando que o sector primario, tan importante en Lugo, non está reñido para nada coa innovación, a dixitalización e a competitividade”.

Ademais, a alcaldesa de Lugo falou do “compromiso con outras moitas causas que tamén compartimos desde o Concello, como a aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”. De feito, fixo referencia a que no citado proxecto que está a liderar Leite Río “contan coa estreita participación de firmas lucenses como AMSLab, que comezou a súa andaina hai moitos anos, no viveiro municipal do CEI Nodus, que dúas décadas despois continúa sendo un Centro de Empresas e Innovación, creando máis de 100 proxectos e 300 postos de traballo”.

Nesta liña de aposta polo emprendemento, Paula Alvarellos lembrou que “desde o Concello estamos a apoiar as novas iniciativas coa estratexia Lugo Transforma, pioneira en Galicia no ámbito municipal, coa que se mobilizarán 12 M€ para atraer empresas e crear emprego sostible. Precisamente, unha das empresas beneficiarias deste fondo, Indogando, é tamén unha das firmas punteiras que colabora co Grupo Lence en algúns dos seus proxectos innovadores. Agardamos impulsar proxectos de tanto éxito como o que está a liderar Leite Río, e que ao igual que fai esta compañía, sexa o xerme de moitas máis iniciativas empresariais que permitan o avance e o recoñecemento do talento lucense das nosas e nosos emprendedores”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos: “con Lence compartimos a nosa aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”
  • Paula Alvarellos: “con Lence compartimos a nosa aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”
  • Paula Alvarellos: “con Lence compartimos a nosa aposta polo talento lucense e por impulsar proxectos emprendedores”

Noticias relacionadas