Paula Alvarellos anuncia que o Goberno aprobará o mércores o nomeamento do novo director da Banda de Música

O executivo de Lara Méndez tamén da un novo paso para consolidar a Banda Municipal e a Escola de Música coa publicación das bolsas de emprego para 8 categorías de músicos.

Domingo, 23 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos anuncia que o Goberno aprobará o mércores o nomeamento do novo director da Banda de Música

A Xunta de Goberno local levará este mércores para a súa aprobación o nomeamento do novo director da Banda de Música de Lugo, David Fiuza Souto, tras o proceso selectivo que activou e desenvolveu a área de Gobernanza.

Segundo sostén a concelleira responsable, Paula Alvarellos, “con esta aprobación finalizamos un proceso que puxemos en marcha co fin de permitir consolidar tanto a Banda Municipal como a Escola de Música, que era un dos obxectivos da área de persoal que fixamos coa alcaldesa, compromiso que adquiriu cos traballadores e coa veciñanza lucense”.

Tamén neste impulso que se lle está a dar á banda, incide Alvarellos, se acaba de publicar o listado provisional das bolsas de emprego para varios postos de músicos para a banda, que se poden consultar na web do Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal/gl/bolsas-emprego).

As bolsas son das seguintes categorías profesionais: músico na especialidade de bombardino-tuba, flauta, fagot, gaita, percusión, saxofón, trompa e trompeta.

As persoas interesadas teñen dez días para subsanar ou formular alegacións sobre os datos contidos nas mesmas.

Noticias relacionadas