Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado “para facilitar a conciliación durante as compras no nadal”

Cristina López: “organizamos actividades para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres os pais e as nais realizan as compras na Praza e no Mercado”

As actividades terán lugar nas mañás do 4, 11 e 18 de decembro de 2021, e o 4 de xaneiro de 2022, entre as 11 e as 14 horas

Venres, 03 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado “para facilitar a conciliación durante as compras no nadal”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou unha serie de actividades infantís na Praza de Abastos e no Mercado Municipal “para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as nais e pais realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”.

Desde a área de participación búscase “facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, e facilitar que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado”.

As distintas actividades terán lugar nas mañás do 4, 11, e 18 de decembro de 2021, e o 4 de xaneiro de 2022, en horario de 11 a 14 horas.

Organizaranse as seguintes actividades:

  • 4 de decembro: obradoiro de modelaxe en arxila polimérica de secado ao aire
  • 11 de decembro: obradoiro de cociña: “Galletas de Nadal”
  • 18 de decembro: obradoiro de scrapbooking de Nadal
  • 4 de xaneiro: obradoiro de cociña: “Roscón de Reis”

A concelleira de Participación afirmou que “estas actividades únense á campaña O noso mercado é un agasallo”, para promocionar a Praza e o Mercado, “e complementaranse con novas actividades para o período vacacional do nadal”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre as actividades infantís no Mercado | Descargar mp3

Noticias relacionadas