Os bombeiros achegan o seu labor a un grupo de 50 cativos do colexio da Milagrosa

Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do parque da man dos bombeiros, que lle mostraron aos pequenos os vehículos, os traxes e o equipamento que empregan habitualmente

Mércores, 20 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os bombeiros achegan o seu labor a un grupo de 50 cativos do colexio da Milagrosa

Un grupo duns 50 nenos e nenas de entre 6 e 7 anos do colexio lucense da Milagrosa visitaron este mércores o Parque de Bombeiros. Durante a visita, os cativos tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do parque, así como o labor dos membros do Corpo de Bombeiros, que lle mostraron aos pequenos os vehículos, os traxes, as ferramentas e o equipamento que empregan habitualmente. Así mesmo, realizaron algunha manobra demostrativa.

O Parque de Bombeiros recibirá mañá a visita dos estudantes da materia de física e química do insituto Lucus Augusti, que se achegarán ás instalacións para realizar experimentos acerca de reaccións químicas, todo elo baixo as estritas medidas de seguridade para evitar calquera risco aos estudantes.

Para a vindeira semana, está previsto o desprazamento doutros colexios da cidade ao parque os días 26, 28 e 29. 

Noticias relacionadas