Os Bolechas regresan a Lugo para fomentar o uso dos vieiros escolares, que o Goberno implantará o vindeiro curso

Lara Méndez e Manuel Núñez presentaron o libro Os Bolechas van polo vieiro escolar, dos que o Concello distribuirá máis de 1.800 exemplares entre centros escolares, o  Parque Infantil de Tráfico e aas escolas infantís

É "unha publicación didáctica, adaptada e divertida, coa que pretendemos achegar os máis pequenos a bos hábitos como cruzar o paso de peóns en verde ou discorrer pola beirrarúa e non baixar á calzada", subliñou a Alcaldesa

Neste libro "tamén queremos facer ver que ir andando da casa ao colexio é unha experiencia de explorar a cidade, unha maneira de facelo seguro, unha maneira menos contaminante e máis respetuosa tamén co medio ambiente"

Coñecer estes camiños é o primeiro paso para o éxito dos Vieiros Escolares Seguros, o proxecto do equipo de Lara Méndez de "facer cidade", aberto, divertido e transversal, co que se considera o camiño casa-cole como lugar de aprendizaxe e espazo de desenvolvemento

Mércores, 27 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os Bolechas regresan a Lugo para fomentar o uso dos vieiros escolares, que o Goberno implantará o vindeiro curso

A familia galega de animación máis coñocida polos nenos e nenas regresa a Lugo cunha nova publicación: Os Bolechas van polo vieiro escolar. Trátase dunha iniciativa no marco da posta en marcha destes camiños seguros para ir ao cole que está desenvolvendo o Goberno e que vai permitir o seu uso grazas á inestimable colaboración dos personaxes de debuxo máis seguidos e queridos polos nenos e nenas.

Os Bolechas van polo vieiro escolar, que presentou este mércores, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez; narra unha nova peripecia desta familia que visita ao seu amigo Froilán, que vive en Lugo, e van á súa escola polo vieiro seguro e con cadaseu chaleco reflector. Os Bolechas atópanse cunha serie de situacións, nas que á mobilidade se refire, ata chegar ao seu centro escolar.

"A través desta publicación didáctica, adaptada e divertida pretendemos achegar os máis pequenos a bos hábitos como cruzar o paso de peóns en verde ou discorrer pola beirrarúa e non baixar á calzada", subliñou Lara Méndez, quen agradeceu ao seu autor, Pepe Carreiro, por trasmitir de tan boa forma, como nos libros anteriores, estes comportamentos e condutas. Así mesmo, fixo fincapé en que é unha publicación que pretende tamén concienciar aos papás e mamás, "para que entre todos vexamos aos vieiros como a mellor forma de ir aos centros educativos".

Lugo forma parte da Asociación Internacional de Cidades Educadorasaceptando o compromiso de impulsar todos os recursos educativos da cidade, en todos os os seus ámbitos. "Por iso, neste libro tamén queremos facer ver que ir andando da casa ao colexio, ao igual que fan Os Bolechas, xunto a Froilán, Charo, Antón e Moncha; é unha experiencia de explorar a cidade, unha maneira de facelo seguro, unha maneira menos contaminante e máis respetuosa tamén o medio ambiente", que ten como pretenseión darlle máis dinamismo a Lugo, asegurou a Alcaldesa.

Os Vieiros Escolares Seguros, un lugar de aprendizaxe

Coñecer estes camiños é o primeiro paso para o éxito dos Vieiros Escolares Seguros, o proxecto do equipo de Lara Méndez para "facer cidade", aberto, divertido e transversal, "co que considermos o camiño casa-cole como un lugar de aprendizaxe e un espazo tamén ideal para o desenvolvemento das habilidades dos nenos e nenas, da súa autonomía e de ir adquirindo responsabilidades; así como a súa socialización; porque ao final, son elas e eles os que no día de mañá continuarán a desenvolver o noso modelo de cidade", concluíu a rexedora.

Actualmente, o proxecto de Vieiros Escolares do Goberno de Lugo está en fase de planificación, tras pechar a fase de diagnóstico. A mediados do mes de abril o Concello terá o Documento que recolla o Plan de Vieiros Escolares Seguros, que se implantarán o vindeiro curso.

1.800 exemplares

Distribuiranse máis de 1.800 exemplares nos 25 centros escolares públicos, concertados e privados do municipio, así como no  Parque Infantil de Tráfico e nas escolas infantís. "Agardamos que, coa colaobración do profesorado, das familias e incluso dos comedores escolares, se traballe e se conciencie na seguridade viaria, cunha publicación como esta que foi deseñada coa pretensión de ser un material útil para traballar no eido da seguridade", recalcou Manuel Núñez.

Máis info

Audio

  • A alcaldesa Lara Álvarez, sobre o libro Os Bolechas van polo vieiro escolar | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas