O Vello Cárcere palpitará con tres novos concertos de Liberdades Sonoras

Carmen Basadre presentou a programación para o segundo trimestre do ano, que arrinca este domingo, a partir das 19:30 horas, coa banda Jungle by Night. Continuará o 3 de maio e o 8 de xuño con Clothilde e Holywater, respectivamente

Xoves, 04 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere palpitará con tres novos concertos de Liberdades Sonoras

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as actuacións para o segundo trimestre do ano do segundo ciclo concertos Liberdades Sonoras, unha iniciativa lúdico-cultural que desborda éxito cita tras cita. O escenario non cambia, será o Vello Cárcere, e o novo primeito evento será este domingo, 7 de abril, continuando o venres 3 de maio e o sábado 8 de xuño. O espectáculo musical desta fin de semana será a partir das 19:30 horas, xusto ao carón do Vello Cárcere, no Cantiño Nemesio Cobreros; e os seguintes, ás 20:30 horas. A entrada é libre, ata completar cabida. As portas abriranse ás 20:00 horas. Nesta programación tamén colabora ¡Clap! e Work on Sunday.

Na presentación, Carmen Basadre puxo en valor esta programación para dinamizar unha zona da cidade, e de facelo achegando á veciñanza música menos comercial cunha programación con gran valor cultural engadido, unha fonte de desenvolvemento e cohesión social, de exploración e de descubrimento.

O domingo está confirmada a banda Jungle by Night, un grupo de 9 amigos holandeses que combinaron os seus gustos e un indomable apetito pola música en idade temperá, e que levan casi unha década quentando as pistas de baile en todo o mundo. Jungle by Night fusiona a pasión, a amizade e as influencias do krautrock, o dance, o jazz e o afro nunha gran potencia instrumental. O grupo sacudiu máis de 450 shows en 24 países, en terros sagrados como Glastonbury, Fuji Rock e Montreal Jazz, Rough Trade NYC e ofrecendo concertos en todas as capitais europeas. A finais do pasado ano lanzaron o seu quinto álbum.

Para maio está prevista a actuación de Clothilde (Sofía Mestre), que gravou o seu primeiro álbum, Twitcher, o pasado ano. Para elo empregou tecnoloxía exclusiva, misturando o analóxico e o dixital: modulares e distintos aparellos feitos á man, grazas aos que crea texturas, patróns e melodías que crean un fluxo harmónico e sensorial. A súa combinación única de claridade fai que o seu traballo destaque en Portugal.

Pecha esta nova edición de Liberdades Sonoras un grupo destacado da historia da música luguesa, Holywater, que levan dende finais dos 90 levando Lugo pola península. Tras cambios na formación orixinal, seis publicacións e sete anos de silencio discográfico voltan neste 2019 para estrear o seu novo traballo, Arboreal.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre o ciclo de concertos Liberdades Sonoras | Descargar mp3

Multimedia

  • O Vello Cárcere palpitará con tres nuevos conciertos de Liberdades Sonoras

Noticias relacionadas