O San Froilán amosa o mellor das razas autóctonas galegas no VIII Desfile de Gando

A Alcaldesa e outros membros da Corporación presenciaron esta mostra, que reuniu distintos exemplares de razas autóctonas, entre eles touros, vacas, galiñas ou cabras. Tamén participou un coche de línea dos anos 60 e un coche clásico, no que viaxaba a familia Pelúdez

Sábado, 07 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O San Froilán amosa o mellor das razas autóctonas galegas no VIII Desfile de Gando

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, presenciaron este sábado o tradicional desfile de Gando do San Froilán, que celebrou a súa oitaba edición esta mañá polas rúas do centro histórico de Lugo. O desfile, que reuniu distintos exemplares de razas autóctonas galegas, entre eles touros, vacas, galiñas ou cabras, arrincou no tramo peonil da Ronda da Muralla, continuando pola Praza da Constitución, Campo Castelo, Praza Maior e Bispo Aguirre. Durante a mostra, co que o Concello tenta recuperar o espírito tradicional das feiras do San Froilán, actuou o grupo Os Campeiros de San Xoán do Campo.

Na mostra tamén participou un coche de línea dos anos 60, restaurado por Monbús, unha bertolina e un coche clásico, no que viaxaban Os Pelúdez.

Multimedia

  • Desfile2
  • Desfile3

Noticias relacionadas