O programa Preto de Ti!! acolleu unha charla baixo o título Homes de Lugo en proceso de cambio

Venres, 04 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xoves 3 de xuño tivo lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo unha charla informativa baixo o título Homes de Lugo en proceso de cambio dentro da programación Preto de Ti!! Organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade e a cargo de Celso Taboada da Asociación Homes Galegos pola Igualdade.

Esta charla tiña como finalidade ofrecer unha radiografía sobre a situación da igualdade e a implicación dos homes de Lugo na consecución da mesma, propiciando un lugar de reflexión e clarificación de ideas entorno o concepto da igualdade de xénero, que xerou debate entre os e as asistentas á actividade.

Cuestionouse o ideal de masculinidade tradicional e déronse a coñecer masculinidades alternativas, contribuíndo a unha complicidade masculina antisexista e a practicar a igualdade coas mulleres.

Multimedia

Noticias relacionadas