O Museo Catedralicio Diocesano de Lugo reabre cunha renovada imaxe no seu centenario

A Alcaldesa asistiu ao acto de apertura, onde puxo en valor as pezas únicas e históricas que se conservan neste museo "un referente en cultura e xoia no medio da cidade", que contribuirá ao impulso turístico de Lugo

Venres, 23 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Museo Catedralicio Diocesano de Lugo reabre cunha renovada imaxe no seu centenario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este venres ao acto de inauguración do Museo Catedralicio Diocesano de Lugo, que abre de novo as súas portas, tras tres anos de traballo e unha inversión de 400.000 euros, cunha renovada imaxe, coincidindo co seu centenario. No acto tamén estivo presente o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, o delegado de Patrimonio Histórico da Diócese de Lugo, César Carnero, e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades.

No transcurso do acto, a rexedora puxo en valor as pezas únicas e históricas que se conservan no museo, que definiu como "unha viaxe polo tempo", mentres que subliñou o privilexio da súa ubicación, na Praza Pío XII, onde conflúen os tres Patrimonios da Humanidade cos que conta Lugo. Así mesmo referiuse a este museo recentemente renovado como "un referente en cultura e xoia no medio da cidade", que contribuíra ademais ao impulso turístico de Lugo.

Multimedia

  • O Museo Catedralicio Diocesano de Lugo reabre cunha renovada imaxe no seu centenario

Noticias relacionadas