O I Congreso Cultura e Memoria reúne mañá e pasado a máis de 100 asistentes no Vello Cárcere, como un dos poucos desta temática en España

Este primeiro congreso, que versará sobre As perspectivas da morte, ten caracter feminino, pois o 65% das persoas inscritas son mulleres

Concello e USC organizan a cita, no marco da celebración do 70 aniversario do Cemiterio Municipal de San Froilán. Colabora a revista Adiós Cultural, a Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais e a Rede Iberoamericana de Cemiterios Patrimoniais

Xoves, 29 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O I Congreso Cultura e Memoria reúne mañá e pasado a máis de 100 asistentes no Vello Cárcere, como un dos poucos desta temática en España

O I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria reúne mañá e pasado no Vello Cárcere a máis de 100 asistentes, entre congresistas (85), comunicantes (8) e poñentes (preto de 20); "desbordando así as previsións máis optimistas de participación". Así o anunciou a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, que fixo fincapé na procedencia dos e das congresistas, inscribíndose veciños e veciñas, dentro da provincia luguesa, de Monforte de Lemos, Palas de Rei, Chantada, Sarria, O Saviñao, Friol, Castro Riberas de Lea, Fereira de Pantón ou Pol; tamén de localidades da xeografía galega como Melide, Narón ou A Coruña, e do resto da península: Asturias, Barcelona, Granada, Cádiz, Terrasa, Segovia, Donostia ou Palma de Mallorca. Este primeiro congreso, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España, ten caracter feminino, pois o 65% das persoas inscritas son mulleres.

Concello e USC organizan esta cita, no marco da celebración do 70 aniversario do camposanto lugués, que versará sobre As perspectivas da morte. Esta actividade enmárcase dentro do convenio de colaboración subscrito entre a entidade local e a universidade. Pretende profundar no tema da morte, e vén a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo neste últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria. O congreso conta tamén coa colaboración da revista Adiós Cultural, a Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais e a Rede Iberoamericana de Cemiterios Patrimoniais.

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte. 

A programación

Venres, 30 de novembro

09:00 horas.- Recepción das persoas asistentes e entrega de documentaicón

09:30 horas.- Acto de inauguración do congreso

10:00 horas.- A morte no Lugo Romano: rituais e espazos funerarios, a cargo de Enrique González, arqueólogo do Concello de Lugo

11:00 horas.- Análise dun espazo de memoria olvidado, a cargo de Antonia Pérez, Doutora arquitecta, profesora do departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura en A Coruña

12:30 horas.- Lectura de comunicacións

16:00 horas.- Perdeuse o hábito branco: a morte entre os maias de onte e de hoxe; a cargo de Ana Garíca, Licenciada en Historia do Arte e Historia de América II

17:00 horas.- Mesa redonda: A morte nas distintas culturas; coa participación de Esther Vaquero, da Fundación Chu Sup Tsang (A morte na filosofía budista), Max-Jean Zins, Doutor en Ciencias Políticas (Evolución dos ritos funerarios de guerreiros na India hoxe) e Jesús Ávila; Licenciado en Ciencias da Información (A morte no catarismo).

19:00 horas.- Memorias do alén, unha representación a cargo de Achádego

20:00 horas.- Visita guiada ao Cemitriro Municipal de San Froilán, a cargo de Ana Goy, Catedrática de Historia do Arte e Directora do Centro de Estudos da Cidade, quen tamén asistiu á presentación

Sábado, 1 de decembro

09:30 horas.- Mesa redonda: Morte digna: perspectivas; coa particpación de Isidoro Rodríguez, Doutor en Humanidades (Psicoloxía da morte).

12:00 horas.- A morte como patrimonio propio de Iberoamércia: perspectivas antropolóxicas sobre malas e boas mortes; a cargo de Juan Antonio Flores, Doutor en antropoloxía social.

13:00 horas.- Cemiterios como recurso cultural e turístico, experiencias de xestión e difusión, a cargo de Francisco José Rodríguez, Doutor en Xeografía e Historia

16:00 horas.- Mesa redonda: Grandes cemiterios patrimoniais; coa particpación de Jordi Valmaña, presidente da AFCM, José Francisco Ferreira, Doutor en Historia do Arte, Eduardo Jorge Montemuiño, Coordinador da Rede Uruguaya de cemiterios e sitios patrimoniais, e Ana Goy.

18:30 horas.- Difusión da cultura funeraria: perspectivas, a cargo de Jesús Pozo, Director da Revista Adiós Cultural

19:30 horas.- Clausura

Audio

  • Rosana Rielo, sobre o I Congreso Cultura e Memoria | Descargar mp3

Noticias relacionadas