O Goberno secunda a concentración convocada por Queremos Galego para o día 6 en defensa da ordenanza municipal do galego

Martes, 26 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo secunda a concentración que vén de convocar a plataforma Queremos Galego para o vindeiro mércores, 6 de marzo, ás 12.00h., diante do Concello en defensa da lingua galega e da ordenanza do Concello que regula o seu uso tras a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a dictada no 2016 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula en parte a norma municipal. O Executivo, tal e como explicou onte a Alcaldesa, Lara Méndez, non está de acordo coa sentenza do TS porque esta ordenanza aprobada por unanimidade do Pleno no ano 2012 busca poñer aos dous idiomas oficiais de Galicia en igualdade de condicións, igualdade na que a día hoxe non están e mesmo se produce un retroceso no uso do galego, como reflicten os datos, polo que a Administración pública debe facer unha protección e impulso especial.

Así mesmo, Lara Méndez avanzou que os servizos xurídicos municipais estudan a presentación dun recurso de amparo ante o Constitucional para defender a ordenanza.

Noticias relacionadas