O Goberno reedita os hortos escolares para a educación medioambiental dos nenos e nenas

O programa educativo, que se desenvolverá ata xuño, trata de achegar aos máis pequenos e pequenas a contorna natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo

Manuel Núñez explicou que o horto, como recurso educativo, permite un eficaz desenvovemento de actitudes que conducirán a uns comportamentos comprometidos coa conservación do medio e a utilización sostible dos recursos medioambientais

Martes, 12 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Lugo promove un curso escolar máis a creación de hortos escolares en doce centros educativos públicos lugueses de educación infantil e primaria, unha escola de educación infantil de 3 a 6 anos e en dúas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos. Este programa, valorado nuns 15.000 euros e que se desenvolverá ata finais do mes de xuño, trata de achegar aos nenos e nenas de educación infantil a contorna natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, explicou que o horto, como recurso educativo, permite unha aprendizaxe activa e un eficaz desenvovemento de actitudes e valores que conducirán a uns comportamentos comprometidos coa conservación do medio e a utilización sostible dos recursos medioambientais.

A finalidade desta iniciativa é ofrecer aos máis pequenos e pequenas a oportunidade de ter un espazo no que aprender de xeito práctico temáticas relacionadas co medio ambiente. Nesta liña, o Concello é consciente da importancia que ten a educación medioambiental nos colexios e a necesidade de inculcar, dende idades temperás, valores e principios respetuosos coa contorna.

Obxectivos do programa

Concretamente, os obxectivos deste programa educativo son: achegar aos nenos e nenas a ciclos naturais das plantas, das estacións e do día e a noite, desenvolver a capacidade de observación e investigación, favorecer a utilización correcta das ferramentas diferentes ás de uso cotiá, participar en traballo en grupo, potenciar a autonomía persoal, fomentar comportamento responsables e comprometidos no coidado das plantas, coñecer diferentes cultivos e comprender os procesos de sementar e plantar, así como o desenvolvemento posterior das plantas; realizar a colleira e pór en práctica algúns dos aproveitamentos que realizan as plantas.

Previamente ao comezo das actividades deste programa, as zonas verdes terán que ser preparadas (retirada da cuberta vexetal, fresado e abonado) para a realización de ditos obxetivos, así como o mantemento (sacar as malas herbas, sachar os cultivos) destas zonas.

Un día no centro, en xornada de mañá, desenvolveranse as actividades propias do horto con actividades prácticas, así como obradoiros de marcapáxinas, velas, colonias, sales de baño, preparado de plantas medicinais, e creación dun Señor Pastos, entre outras.

Os centros educativos participantes

O Concello cubriá a demanda nos seguintes centros: Luis Pimentel (9 grupos), Rosalía de Castro (3 grupos), Illa Verde (6 grupos), Quiroga Ballesteros (1 grupo), Casás (6 grupos) , A Ponte (3 grupos), Virxe da Soidade (3 grupos), Albeiros (6 grupos), Manuel Mallo Mallo (3 grupos), Menéndez Pelayo (6 grupos), Paradai (6 grupos), Anexa (6 grupos), Fingoi nº2 (3 grupos), Escola Municipal Serra de Outes (2 grupos) e Escola Municipal Gregorio Sanz (2 grupos). O número total de grupos é de 65 e o número de sesións será de 8 por grupo.

As actividades pedagóxicas deste programa están dirixidas ao alumnado dos tres cursos de educación infantil, 4º, 5º e 6º. Tamén están destinadas aos nenos e nenas de 3º de 1º ciclo de educación infantil das escolas infantís municipais.

Audio

Noticias relacionadas